/48Wj8CoXiU0iSSpRdusO97uNXVo.jpg

Diego R. Aballe

Diego estudou Dirección de Escena na ESAD de Galicia e un Máster de Dirección de Cinema na ESCAC. En 2020 forma en Vigo a produtora Coven Films. Canibalismo é a súa primeira curtametraxe, unha adaptación da peza teatral homónima de Marcos Abalde, que entre 2021 e 2022 viaxa por 40 festivais e consegue un Méliès d´Argent á Mellor Curtametraxe Europea de cinema fantástico. Esta curta valeulle tamén un premio a Mellor Dirección no Festival Sant Cugat Fantàstic 2021. Dirixiu tamén as curtametraxes Somnia e Monstera, esta última aínda en proceso de distribución da man de Cream Shorts, e coa que viaxou ao Festival de Málaga como parte do Mafiz deste 2025, e tamén foi seleccionada no Festival de Cans, entre outros. Na actualidade atópase preparando a súa primeira longametraxe como director, ao tempo que segue a preparar outras curtametraxes e desenvolve unha labor docente como profesor de interpretación no Máster da escola ACT Galicia.


DOB: 1986-05-12

Gender: Male

Birth Place: Vigo, Pontevedra, Galicia, Spain



Top Movies Collection

Top Tv Series Collection